29.9.09

Un airexa de brisa fresca dende o Atlántico.


A bandeira da derrota ondeaba nestas semanas pasadas. Pero o vento é caprichoso e este sábado trouxome unha airexa fresca. Novos aires renovadores, que inxectan ilusión nas veas. Airexa fresca, renovadora, e dobremente atlántica, pois chega dende A Coruña e cunhas orixes que se perden no outro lado do Atlántico.

Curiosamente, a brisa chegou a min mentres a agardaba á porta dun bingo, non entrei, non cantei liña, non merquei cartóns, simplemente tiven que agardar a que a súa presenza o seu acento envolto en melaza chegase ata min.

Foi estraño, máis que iso, docemente estraña a confianza que amosou en min. Recordoume vellas historias. Historias fermosas que comezaron con conversas de 3 horas por teléfono, mais aquí a diferencia radicaba en que estabamos cara a cara.

Ela tamén aposta polas sestas, polas doce horas de descanso. Alguén así, sen dúbida podería ondear no meu mastil, quizais en moi curto tempo.

No hay comentarios: