27.7.09

MEDIN O TEMPO

Hai unha cita que di que ás veces a busca da gran felicidade, non nos deixa disfrutar das pequenas alegrías.
Afortunadamente non me esta a pasar iso, pois estou a disfrutar como nunca de pequenos detalles cotiáns. Un saúdo, unha mirada, uns dedos que se despiden sutilmente. Todo iso fai que mida o tempo e que agarde a chegada do sábado.



MEDIN O TEMPO.

Medín o tempo
Medín o lugar
Medín as horas
ata te volver a atopar.

Me din que xa estas aquí
Medín para confluir en ti.

Medín, vin e sentín
o poder do teu sorriso,
do bálsamo dun candoroso saúdo

Dos dedos a cámara lenta
que testemuñan que non son invisible
Medín que reparas en min

Estela de azul e branco,
que pasa onda min
E me din que ten algo de senso o que estou a sentir.





21.7.09

PARA A.C.

Un saúdo,
unha predicción,
a man que se presta a rozar a miña
unha porta que se abre para ti e para min.
un sorriso teu que escampa mágoas,
cando é o tempo de vacinarse contra a desesperanza
de soñar cun paraiso de bandeiras roxas e piratas negros
que enchen de ron, sorrisos e ledicia
a illa da miña república soñada
do meu edén persoal do que xa es capitana.