29.9.09

As costas de melaza

Nen en liña, nen desordeado, agardo sen confiar na sorte.
Mais chegas, non hai muerdago, pero estamos ante un templo que invita á fortuna.
O teu sorriso adivíñase máxico, mentres eu dexergo o horizonte.
A melaza acompaña as túas palabras, mentres cansados nos embarcamos nunha viaxe para pasar tempo, para medir o tempo, para vivilo tempo.
Horas costa arriba e costa abaixo.
Ata que debo devolverte á gran urbe atlántica e regresar ao pequeno soto mariñán.
Reincorpórome ao vello tedio das costas abaixo e arriba.
Coa visión de que hai algo máis alá deste tedio.
Os sorrisos de melaza que enmarcan a espera...unha lenta, pero doce espera.

No hay comentarios: