8.8.06

A noite coruñesa que se funde coa portuguesa



O pasado venres desplaceime ata a Coruña con Jorge. Era de esperar nel, a noite venceuno e veuse moi cedo. Eu quedeime e tocoume facer tempo para agardar o primeiro bus para Betanzos. Antes pasoume algo curioso. Atopeime con Emma Couceiro despois de máis de dous anos sen vela e de que fixera a primeira declaración amorosa da miña vida a través dos sms do móbil. En fin quedouse mirando un anaco e lonxe de saudarme ignoroume como se lle tivera feito moito daño. Logo montou unha esceniña co mozo a escaso metro e medio de min e Jorge, reconciliouse, bicaronse e permitiuse ofrecernos unha sesión clara de como fumar un cigarro e como falar en castelán de la Coru. Eu non son o único diglósico deste mundo, só que eu o asumo e outros/as van e codeanse cos académicos.
A noite puxo no meu camiño a Alex, guitarrista de 5º elemento (anteriormente músico compañeiro de andainas de Silvia Penide, unha das fotos recollenos aos tres xunto coa máis que entrañable Emma).
Compartimos copas, a escuridade dun pub posto que a policía acechaba fóra e xa debía facer tempo que tiñan que ter pechado. Foi curioso estar pechado dentro a escuras e sen poder falar alto. As forzas da orde agardaban ao outro lado da rúa.
E por casualidades do destino coñecimos a Chuky e Sole (a que figura na foto). Camareiros, enrollados e coruñeses.
A noite foi longa e ao final falouse da posibilidade de ir a Vila Nova da Gaia a presentar o libro, acompañados polos "quintos elementos" a dar un concerto e a todo isto Sole que se apuntaba á viaxe.
A este paso vanme ter que nomear embaixador honorífico de Porto en Galicia.
A cousa quedou ahí, o luns 14 hai concerto de Alex nos Rosales, achegareime e poderei falar con eles a ver si as intencións del e da rapaza coruñesa se manteñen.
Polo de momento algún día teño pensado deixarme caer polo TBO, na zona vella da Coruña xa que ela curra alí. E que non deixa de ser evidente que todo o que me está a pasar ultimamente é digno diso, de ser recollido nun Tebeo.