31.7.06
Porto, noite, viño e música
Ao final chegou a norte de Porto. Achegámonos á cidade das costas arriba e abaixo, como outra que moito coñecemos. Unha de lembranzas doces e outra sen dúbida agridoces.
A noite do 29-7-2006 eu creo que pode ser das dignas de gardar no caixón das lembranzss.
Tony Carreira levounos a facer amistade coa tuna de Porto. E veña cancións de Tony e veña cancións da tuna e veña viño caseiro ao que convidaba un amigo dos da tuna.
E nós obrigados. Poemas de Manuel Darriba que encantan ás rapazas portuguesas e compromiso de tentar volver para presentar ali os meus.
Logo veu a canción adicada polos amigos da tuna a Joaquín, Meli, Noemí e eu.
En fin que despois de todo iso o demáis pouco importa. Ademáis acompañaronos Pedro (amigo portugués que xa estivo no recital cando fun a Lugo) e Manoel, un amigo de Pedro.
Ao día seguinte visitamos o pazo de cristal alí nunca estivera e voltamos, ledos, satisfeitos e creo que co convencimento de que aínda que non volveramos nunca, sempre saberemos que estivemos alí.
27.7.06
Homenaxe ás amigas/os
Estou a pasar uns malos días no traballo. Esto é unha constante dende que a miña xefa tomou posesión do cargo. Broncas constantes, dictadura absoluta e fins de semana nos que se un non se revirase contra o poder establecido tería que currar sempre.
En fin a loita continua, debería tomar unha baixa por depresión e que ela asumise a miña cura nun balneario cubano, je,je non estaría mal.
En fin todo este prólogo para chegar a que a amistade é un bálsamo precioso cando as cousas van mal. Os meus amigos Jorge, Joaquín, servenme de válvula de escape nestes días. Por suposto tamén están elas. Lucía que o outro día aínda reparou nas teimas miñas e de Joaquín coas musas mugardesas.
E por suposto Carmenciña, ela está sempre ahí a moitos quilómetros ou non tantos, pero pese a que non nos vemos o que deberamos, nin falemos o suficiente ela esta ahí, síntoo, a conexión mental non nola quita ninguén.
Carmen gracias por lembrarte de min ahí atrás e perdoa polo plaxio da foto.
21.7.06
Prefiro instalarme no pasado
PREFIRO INSTALARME NO PASADO
Unha amiga Mónica, díxome fai pouco que se apreciaba que eu era unha persoa que falaba do pasado con nostalxia. Así é. Non sempre pero ás veces miramos atrás e vemos que no seu momento inxustamente xuzgamos o intre que nos tocou vivir.
O paradigma a protagonista da foto, Angeles. Ahí estivo e eu aínda a buscar Anxos que me salven e aos que salvar.
O caso é que ela me aportou máis que ningunha. Ela era quen lle cantaba ao meu corazón en sesións nas que esta non podía apreciar a fortuna que tiña. Pero en fin pasou.
Din que a culpa é un invento pouco xeneroso, pero non podo pouco menos que neste caso atribuirme esta invención.
Agora tan só me quedan unhas cantas fotos, as lembranzas, esas si que non teñen prezo, e falar con ela de cando en vez de temas profesionais.
E entristecerme cando volto só a esta cidade que noxeo, a das costas arriba e abaixo, non sei porque pero parece que a mi me tocaron todas as descendentes.
En fin. Angeles, gracias pois me podo sentir orgulloso é de ter compartido eses momentos contigo.
20.7.06
Porto beleza material e inmaterial que van da man
Porto beleza material e beleza inmaterial que van da man
A imaxe reflicte só unha das múltiples perspectivas dunha cidade na que me sinto como na casa. Non sei porque pero me encanta perderme polas súas rúas e mesturarme coas súas xentes. A imaxe é unha fantasía. No seu momento eu atopei un anxo pendurado dunha fiestra fermoso sinal de que esta cidade é un pequeno paraiso para min.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)