24.8.07

a cara e cruz das viaxes.


Hai imaxes que valen máis que mil palabras. A que ilustra o texto é do 1957. Medio século dende que Manuel Ferrol sacara esta instantánea.
Dende entón convertiuse no símbolo da emigración galega.
Imaxes como esta dábanse a cotío unha persoa, pai, nai, irmán que partía...ía buscar un futuro para el e para os que quedaban.
As caras dos que quedaban diciano todo. Eles quedaban sós, vendo como esa persoa se adentraba nun barco seguramente sen saber ler ou escribir apenas, viaxando cara a terras das que pouco máis coñecía que o nome.
Hoxe as circunstancias son distintas, hoxe afortunadamente son outros os que viaxan cara aquí. Pero non sei, hai algo que aínda conmove cando vemos estas imaxes, resulta máis facil sentir o que significa deixar atrás aos dun e a terra dun. Un que veu o que fixeron a xente que partiu nesa década e en décadas precedentes síntese obrigado a darlles unha homenaxe, sobre todo porque fai pouco iase un deses galegos que cruzou o mar no seu momento, pero que en ningún momento perdeu o sorriso e o acento doce da terra.
Para todos aqueles que viaxaron buscando un futuro mellor e que souberon ser póla de enganche e anfritrións para os seus paisanos vai esta homenaxe.
Agardemos que imaxes como esta sexan dentro de pouco historia,para os que cruzan de aquí a alá o charco, sexa no sentido que sexa.

No hay comentarios: