31.10.06

Un bonito reto turismo e cultura.





Aproveitando que en breve estarei en Cuba pois tirei dalgún fío e vou aproveitar a estancia para dar unha pequena charla e recital poético no Antigo Pazo do Centro Galego da Habana. Neste caso a charla será para a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, ainda que posiblemente poida repetir a experiencia uns días despois para a Sociedade da Coruña en La Habana. A verdade é que me fai moita ilusión poder combinar o turismo afectivo co turismo literario ou cultural.
De feito incluso tiña pensado algunha posta en escena na que colaborará Raisa para darlle un aire ameno e distendido. Si de algo quero fuxir é dos recitais nos que os da última fila están a mirar o reloxo para ver cando acaba o suplicio. Parece ser que o interese está garantido pois Raisa se encargará de encher o vello salón coa presenza das súas amigas.
En fin que si algún/ha está pola Habana neses días e si pode aproveitar que me veña facer unha visita. Será o sábado 18, ás dez da mañá no Salón do Antigo Pazo do Centro Galego da Habana. E nese mesmo día seguramente teña sesión doble, pois no Centro Andaluz da Habana, tamén se amosaron interesados en contar conmigo. Será unha noite de flamenco e poesía a partir das 22:30 en Paseo do Pardo, terei que botar man dun repertorio suxerente, simpático e atrevido para enganchar a un público que seguramente teña máis ganas de bailar e dar palmas que de escoitar poesía. O meu coctel sorpresa incluirá unha mestura de anécdotas, charliñas sinxelas, poemas e quizais algo máis, a ver si así captamos a súa atención.

4 comentarios:

rosmoninha dijo...

que envexa!:) alédame moitísimo, meu:) moitísimo. adiante toda... levando a galiza no corazón e nos beizos. sei que andaremos ben representados. ah, e tráeme unha pedriña de la habana para a miña colección e mira antes de irte, se podes, o filme sempre habana, que agora está en cartel. é entrañable. xa me namorara desa vila con buena vista social club e suite habana, pero agora estou tola por ir... a seguinte, se o destino me axuda, serei eu:) pertiñas!

De los cuentos de azabache dijo...

Seguro que si. Xa me encargarei eu de facerche de embaixador. Asi si tes esa oportunidade non estarás soa, xa que haberá unha boa comitiva de xente encantandora desexando coñecer a alguén igual que eles.
Bicos

Lillu dijo...

Yo por esas fechas estaré en Barcelona, ciudad q a estas alturas aún no conozco! Te deseo mucha suerte en tu incursión cubana tanto en lo personal como en lo profesional con ese recital, q seguro q es todo un éxito :)

bezitos

rosmoninha dijo...

ola, meu! ánimos again para a viaxe!:) e por certo, dille ao teu coleguiña (jorge?, son fatal para os nomes!) que the killers non me gustan: encántanme! así que se me suxire máis grupos, benvidos! bicos!