27.7.06

Homenaxe ás amigas/os


Estou a pasar uns malos días no traballo. Esto é unha constante dende que a miña xefa tomou posesión do cargo. Broncas constantes, dictadura absoluta e fins de semana nos que se un non se revirase contra o poder establecido tería que currar sempre.
En fin a loita continua, debería tomar unha baixa por depresión e que ela asumise a miña cura nun balneario cubano, je,je non estaría mal.
En fin todo este prólogo para chegar a que a amistade é un bálsamo precioso cando as cousas van mal. Os meus amigos Jorge, Joaquín, servenme de válvula de escape nestes días. Por suposto tamén están elas. Lucía que o outro día aínda reparou nas teimas miñas e de Joaquín coas musas mugardesas.
E por suposto Carmenciña, ela está sempre ahí a moitos quilómetros ou non tantos, pero pese a que non nos vemos o que deberamos, nin falemos o suficiente ela esta ahí, síntoo, a conexión mental non nola quita ninguén.
Carmen gracias por lembrarte de min ahí atrás e perdoa polo plaxio da foto.

2 comentarios:

rosmoninha dijo...

jajaja estás totalmente autorizado a reproducila, meu! a distancia non é distancia, home, que os kilómetros agora só son pó e ar e baleiro que é subsanable polas novas tecnoloxías. e se ves aquí estou, pero se ves en días bos porque tamén carmiña ten días ruíns e todo lle semella moi grave pero logo pasan pasan pasan. dígocho eu, que teño moita experiencia niso:)) biquiños e alédame que andes por aquí. revisareite cada día que teña acceso. ah, irei lendo o atrasado cando teña tempo;) bicos, wapísimo! e non te me caias, ho!

rosmoninha dijo...

ah, uso o nome do meu blog, que aínda non está operativo, porque tiveches a xenial ocorrenza de non permitir comentarios que non fosen de bloggers. xa che vale;) onde di rosmoninha tiña que dicir brandelia. non entredes en rosmoninha, que está sen facer, ok? bicos!