skip to main |
skip to sidebar
LITERATURA.
Sobrino ten cultivado o xénero da poesía. No ano 2000 publicou o poemario Lendario Acibeche. publicado por Edicións Minskeiro en colaboración co Concello de Betanzos, A Asociación Cultural Eira Vella e a Asociación de Comerciantes de Betanzos. Xa antes tiña publicado en revistas como A Xanela ou Cuarta a Babor, ademáis dos xornais Betanzos e a súa Comarca e Lalín e Comarca.Lendario Acibeche.O libro conta a súa visión particular da figura da muller, baseándose na súa ollada particular á beleza da mulleres da URSS. A beleza da muller e da paisaxe galega tamén desfilan por estas páxinas. É salientable que colaboran na obra o laureado novelista galego Xabier López (premio nacional de Literatura e autor do prólogo) e a poeta Emma Couceiro. No apartado gráfico destacan as ilustracións de Carmén Villar, Alfredo Erias, Juan de Luis e Olaia Torres.Se estas desexando deixarte anegar polo universo simbólico e exótico de LENDARIO ACIBECHE podes conseguilo escribindo a xls1917@yahoo.es
Benvidos á páxina web de Xosé Luis Sobrino.
Esta páxina web pretende amosar o que é e ten sido a vida, traxectoria e intereses persoais e artísticos deste xornalista betanceiro.
Se desexas coñecer algo máis acerca del aquí poderás coñecer algo máis da súa biografía profesional, faceta literaria, aficións e máis cousas do red poet....Só debes ter en conta que algúns dos textos son literarios e contan co conseguinte rexistro. Podes reproducilos sempre e cando cites a fonteTamén tes a opción de deixar algún comentario ou escribirlle a xls1917@yahoo.es
Biografía.Xosé Luis Sobrino naceu en Betanzos.
En 1992 ingresa na Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela licenciándose no ano 1996.
Dende o seu ingreso na Universidade de Santiago ten colaborado e traballado en distintos ámbitos da comunicación.
Así no ano 1995 traballou na delegación da terra chá do diario El Progreso.
Tamén ten traballado no Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia durante o verán de 1996.
Como coordinador cultural no diario Betanzos e a súa Comarca ata o ano 2005.
E na emisora Radio Betanzos durante 6 anos. Nesta canle radiofónica gracias ao seu empeño e traballo pesoal emitiuse durante varios anos o espacio Disco Reservado, programa consagrado a dar a coñecer as novidades musicais galegas e nacionais, por el pasaron nun corto intervalo de tempo xente como Susana Seivane, Cristina Pato, Uxía, Budiño, Mercedes Peón, Faltriqueira, Leilía, Siniestro Total, Deluxe, Silvia Penide, Cathy Claret, Sol Lagarto, Garaje Jack, Miki Nervio & the Bluesmakers, Carmen Rey, Vocal Secrets entre unha longa lista de destacados interpretes do panorama musical coruñes, galego e español.
Actualmente está a colaborar como corresponsal deportivo no diario coruñes La Opinión, ao que está vinculado dende o 2001.
Como crítico musical e literario ten colaborado tamén coa cabeceira Lalín e Comarca