18.11.05


Biografía.

Xosé Luis Sobrino naceu en Betanzos.
En 1992 ingresa na Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela licenciándose no ano 1996.
Dende o seu ingreso na Universidade de Santiago ten colaborado e traballado en distintos ámbitos da comunicación.
Así no ano 1995 traballou na delegación da terra chá do diario El Progreso.
Tamén ten traballado no Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia durante o verán de 1996.
Como coordinador cultural no diario Betanzos e a súa Comarca ata o ano 2005.
E na emisora Radio Betanzos durante 6 anos. Nesta canle radiofónica gracias ao seu empeño e traballo pesoal emitiuse durante varios anos o espacio Disco Reservado, programa consagrado a dar a coñecer as novidades musicais galegas e nacionais, por el pasaron nun corto intervalo de tempo xente como Susana Seivane, Cristina Pato, Uxía, Budiño, Mercedes Peón, Faltriqueira, Leilía, Siniestro Total, Deluxe, Silvia Penide, Cathy Claret, Sol Lagarto, Garaje Jack, Miki Nervio & the Bluesmakers, Carmen Rey, Vocal Secrets entre unha longa lista de destacados interpretes do panorama musical coruñes, galego e español.
Actualmente está a colaborar como corresponsal deportivo no diario coruñes La Opinión, ao que está vinculado dende o 2001.
Como crítico musical e literario ten colaborado tamén coa cabeceira Lalín e Comarca

No hay comentarios: