4.8.09

As verbas xurden espontáneamente descubrindo un peregrinar único cara ás estrelas, a unha galaxia cercana, e particularmente fermosa. Un camiño no que un simple astronauta como eu cada vez que se acerca á estrela desxada, vese na obriga de manifestar que iso pode ser un pequeno paso para un home pero un gran paso para min.




O estío afronta o último tercio
e eu tento agarrarme ao futuro.
Xa tes nome para min.
Aínda que sempre fuches
máis que iso.
O nome é só un formulismo
de todo o que se agocha tras de ti.
Gris e negro,
xogo de tinta endeble
para describir semellante
e inesquicible secuencias
coas que afogas a miña retina.



No hay comentarios: