5.3.09

O nadal xa non está iluminado.


O Nadal xa non brila. E é tempo de voltar a reflexionar. Das reflexións xurden versos.


Coroado en San Amaro
pola raíña de Montealto,
consagrado nos baixos dun hipermercado
e destrozado tras un longo adeus
prolongado pero non derogado
nos estetores do antroido.

Paseado ao amencer
coa desgraza de sobrevivir,
ao abandono non desexado.

Alonxado e alleo á forza
do disfrute dun café
dunha morna conversa soft.

A chuvia mesta inundou o auto,
e os meus ollos nesa noite onde todo mudou.
xamais odiei tanto Tenerife,
xamais desexei tanto viaxar a Roma contigo
e non como ata o momento espúrea e sucedaneamente.

E sigo a sentirme mal.
A noite dos xeroglificos abriume o camiño.
Daquela falamos claro, ti e eu.
Sós na piramide, mentres danzaban ao redor.
Agora xa niguén danza, xa ninguén bica,
agora só un lembra. Este un que lembra.

No hay comentarios: