27.9.06

Un homenaje desde la bañera




powered by ODEO

Y ya que últimamente me ha dado por hacer homenajes. No podía dejar pasar la referencia a Ashley Judd. Su escena de la bañera junto con Ewan Mcgregor en "The eye of beholder" u "ojos que te acechan" en español, me parece la escena más erótica, sensual, romántica y evocadora que he visto en el cine.
Para ella he hecho este medley de varios poemas. Y por supuesto para ilustrarlo todo ese increible tema "I wish you love" cantado por Chrissye Hynde.

Volta ao pasado


Ahí vai outro textiño. Lembrar ás visitas que estes están rexistrados e que se permite utilizalos sempre e cando se cite a procendencia. Estes son uns versos que me suxerei fai uns anos a primeira persoa á que logrei acceder ao seu corazón. Por respeto a ela preferin retocar a foto cunha brisa pictórica, quizáis para face máis mítico estas pasaxes da fai case unha década. E todo isto non é máis que unha práctica nostálxica como diría o meu admirado Andresito Calamaro

Visito unha e outra vez cando durmes a túa casa,

ese santuario gris de cemento,

prantado nunha chaira mariñá en costa abaixo,

alí onde conservo unha imaxe de ti conxelada.

É madrugada e inicio a viaxe,

Ségueme a madrugada e volto prendido de frustacións,

tras tanta peregrinaxe baldeira

ao fin e ao cabo ti xa es o que desexas

non ao que eu me aferro.

7 ó 14 segundos importantes


A veces una canción puede dar lugar a otra creación. Ese es el caso que aquí podemos ver la canción "7 segundos" de Los Rodríguez me inspiró este poema.
Me parece muy interesante como una obra puede dar lugar a otra expresión artística. Es importante darse cuenta de la existencia de esa persona que puede cambiarlo todo en 7 ó 14 segundos, da igual el tiempo es lo de menos a su lado. Porque hay magia, una magia sustentada en miradas con las que superar esos vacíos ysilencios que a veces nos abordan en el día a día. Solo hay que encontrar esa persona y dejarse llevar por el reflejo de su mirada. Y hagamoslo antes de Navidad, (cada vez está más cerca). Así podremos superar esos abismos que tiende la soledad.



Catorce segundos de agasallos

mentres as luceciñas arrouban a túa faciana,

nunha panxoliña que lembra o acougo doce da calor do butano,

ante a ausencia da chimenea que alente esperanzas de mornas viaxes.

Que espante ausencias familiares

en datas morriñentas de luceiros prendidos,

cando os bicos saben a inicio de ano,

a prórroga de eternidade.
-----------------------------------------------------

Catorce segundos de regalos

mientras las lucecitas iluminan tu cara,

en un villancico que recuerda la tranqulidad dulce de calor del butano,

ante la ausencia de una chimenea que aliente esperanzas de cálidos viajes.

Que espante ausencias familiares

en fechas nostálgicas de luces encendidas,

cuando los besos saben a inicio de año,

a prórroga de eternidad.

26.9.06

Os rapeiros domingueiros


Aquí están estes dous elementos da movida betanceira. Son os dous rapeiros domingueiros, pois a instantánea está sacada un domingo. Un extraño domingo deses nos que Jorge, o de escuro, se sentía despexado. ¡E logo din que non existen os miragres!. O outro é Raúl, a ver cando se embarca no proxecto do grupo e damos a sorpresa. Con eles estiven este último sábado. Eles son os encargados de refrenar eses instintos primarios que me xorden ao ver a determinados individuos. Compañeiros de troula e de confidencias. Raúl por certo ten algún verso como encabezamento do seu msn, o cal é de agradecer.
A ver os tres temos que facer algo para que este outono teñamos algo xestionado, senón todo será gris, na época en que as néboas pareceren alugar a nosa terra.
Por certo xa me dirán si lles gusta o tema que elexin para acompañar o texto.

The masters of the universe


O sábado 23 celebrouse a cena do 25º aniversario do Santo Domingo. Varias xeracións que nos reunimos en torno a un balón de baloncesto.
Ao final dimos o mellor de nós. Eu pola miña banda non me podo queixar, perdimos por 10 a 9 fronte aos do ano 1975 e eu anotei dous puntos.
Ao final cea na parrillada Carlos de Guilidade. Xuntamonos varios magnificos do deporte da canasta. Suso, Lalo, Javi e Héctor. A verdade é que sobre todo ver a Héctor produciume unha gran alegría pois facía un boa temporada que non nos veíamos.
O meu mellor amigo da infancia alí estaba e aproveitamos para poñernos ao día de todo o que nos pasara ultimamente. Baloncesto e amistade van de man tal e como se aprecia.

8.8.06

A noite coruñesa que se funde coa portuguesa



O pasado venres desplaceime ata a Coruña con Jorge. Era de esperar nel, a noite venceuno e veuse moi cedo. Eu quedeime e tocoume facer tempo para agardar o primeiro bus para Betanzos. Antes pasoume algo curioso. Atopeime con Emma Couceiro despois de máis de dous anos sen vela e de que fixera a primeira declaración amorosa da miña vida a través dos sms do móbil. En fin quedouse mirando un anaco e lonxe de saudarme ignoroume como se lle tivera feito moito daño. Logo montou unha esceniña co mozo a escaso metro e medio de min e Jorge, reconciliouse, bicaronse e permitiuse ofrecernos unha sesión clara de como fumar un cigarro e como falar en castelán de la Coru. Eu non son o único diglósico deste mundo, só que eu o asumo e outros/as van e codeanse cos académicos.
A noite puxo no meu camiño a Alex, guitarrista de 5º elemento (anteriormente músico compañeiro de andainas de Silvia Penide, unha das fotos recollenos aos tres xunto coa máis que entrañable Emma).
Compartimos copas, a escuridade dun pub posto que a policía acechaba fóra e xa debía facer tempo que tiñan que ter pechado. Foi curioso estar pechado dentro a escuras e sen poder falar alto. As forzas da orde agardaban ao outro lado da rúa.
E por casualidades do destino coñecimos a Chuky e Sole (a que figura na foto). Camareiros, enrollados e coruñeses.
A noite foi longa e ao final falouse da posibilidade de ir a Vila Nova da Gaia a presentar o libro, acompañados polos "quintos elementos" a dar un concerto e a todo isto Sole que se apuntaba á viaxe.
A este paso vanme ter que nomear embaixador honorífico de Porto en Galicia.
A cousa quedou ahí, o luns 14 hai concerto de Alex nos Rosales, achegareime e poderei falar con eles a ver si as intencións del e da rapaza coruñesa se manteñen.
Polo de momento algún día teño pensado deixarme caer polo TBO, na zona vella da Coruña xa que ela curra alí. E que non deixa de ser evidente que todo o que me está a pasar ultimamente é digno diso, de ser recollido nun Tebeo.

18.11.05


MUSICA

X.L Sobrino leva varios anos asistindo a clases de guitarra con Richi (músico coruñés). A música é unha das súas principais afeccións tal e como deixou patente coa posta en marcha de Disco Reservado.
Os seus gustos son variados centrándose no blues, no rock sureño ou rock arxentino entre outros. Igual progresa e pronto o vemos dando algún bolo. Algún proxecto hai por ahí. E nel ten moito que dicir Raúl

LITERATURA.

Sobrino ten cultivado o xénero da poesía. No ano 2000 publicou o poemario Lendario Acibeche. publicado por Edicións Minskeiro en colaboración co Concello de Betanzos, A Asociación Cultural Eira Vella e a Asociación de Comerciantes de Betanzos. Xa antes tiña publicado en revistas como A Xanela ou Cuarta a Babor, ademáis dos xornais Betanzos e a súa Comarca e Lalín e Comarca.

Lendario Acibeche.

O libro conta a súa visión particular da figura da muller, baseándose na súa ollada particular á beleza da mulleres da URSS. A beleza da muller e da paisaxe galega tamén desfilan por estas páxinas. É salientable que colaboran na obra o laureado novelista galego Xabier López (premio nacional de Literatura e autor do prólogo) e a poeta Emma Couceiro. No apartado gráfico destacan as ilustracións de Carmén Villar, Alfredo Erias, Juan de Luis e Olaia Torres.
Se estas desexando deixarte anegar polo universo simbólico e exótico de LENDARIO ACIBECHE podes conseguilo escribindo a xls1917@yahoo.es



Benvidos á páxina web de Xosé Luis Sobrino.
Esta páxina web pretende amosar o que é e ten sido a vida, traxectoria e intereses persoais e artísticos deste xornalista betanceiro.


Se desexas coñecer algo máis acerca del aquí poderás coñecer algo máis da súa biografía profesional, faceta literaria, aficións e máis cousas do red poet....Só debes ter en conta que algúns dos textos son literarios e contan co conseguinte rexistro. Podes reproducilos sempre e cando cites a fonte

Tamén tes a opción de deixar algún comentario ou escribirlle a
xls1917@yahoo.es

Biografía.

Xosé Luis Sobrino naceu en Betanzos.
En 1992 ingresa na Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela licenciándose no ano 1996.
Dende o seu ingreso na Universidade de Santiago ten colaborado e traballado en distintos ámbitos da comunicación.
Así no ano 1995 traballou na delegación da terra chá do diario El Progreso.
Tamén ten traballado no Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia durante o verán de 1996.
Como coordinador cultural no diario Betanzos e a súa Comarca ata o ano 2005.
E na emisora Radio Betanzos durante 6 anos. Nesta canle radiofónica gracias ao seu empeño e traballo pesoal emitiuse durante varios anos o espacio Disco Reservado, programa consagrado a dar a coñecer as novidades musicais galegas e nacionais, por el pasaron nun corto intervalo de tempo xente como Susana Seivane, Cristina Pato, Uxía, Budiño, Mercedes Peón, Faltriqueira, Leilía, Siniestro Total, Deluxe, Silvia Penide, Cathy Claret, Sol Lagarto, Garaje Jack, Miki Nervio & the Bluesmakers, Carmen Rey, Vocal Secrets entre unha longa lista de destacados interpretes do panorama musical coruñes, galego e español.
Actualmente está a colaborar como corresponsal deportivo no diario coruñes La Opinión, ao que está vinculado dende o 2001.
Como crítico musical e literario ten colaborado tamén coa cabeceira Lalín e Comarca